Compostelán
Publicación mensual que se editou por primeira vez en Santiago de Compostela no ano 1992. Paulino Campos foi o director deste “Magazine Socio Cultural Do Mundo”. No grupo de colaboradores figuraban Luís Mariño, Manuel Rivas, Mª Xosé Porteiro, Manuel Manquiña, Margarita Ledo, Xosé Soengas, Xosé A. Perozo, Moncho Lemos, Boris Izaguirre, Fernando Franco ou Suso de Toro, entre outros. Nun principio acolleu as seccións “Reportaxe”, “Forzas Vivas”, “Compostela”, “O que ven”, “Axenda Cultural”, “Guías” ou “Zapping”. Posteriormente, xa coa dirección de Pilar Comesaña, tanto o contido coma a estrutura variaron e distribuíuse nos apartados “Retrato”, “Sociedade”, “Ocio”, “Compras”, “Gastronomía”, “Copas” e “La última”. Tamén incluíu unha historieta gráfica de F. Iglesias e C. Portela co título de “El Laberinto de Piedra”.