comprensión

comprensión

(

  1. s f

    Acción ou efecto de comprender.

    Ex: Esta regra é de difícil comprensión.

    Antónimos: incomprensión.
  2. s f

    Facultade de comprender ou de chegar a saber o significado dalgunha cousa.

    Ex: É unha persoa que ten moita comprensión.

  3. s f

    Conxunto das cousas que están incluídas noutra.

  4. s f

    Condescendencia cara aos actos, aos comportamentos ou aos sentimentos doutro.

    Ex: Mostra moita comprensión cara ó que fan os seus fillos e vainos malcriar.

    Antónimos: incomprensión. Confrontacións: benevolencia.
  5. s f [FILOS]

    Conxunto de caracteres dun ser ou comúns aos seres dunha clase. Un concepto esténdese a tantos máis seres cantos menos caracteres reúne. A comprensión está en relación inversa coa extensión.

  6. comprensión lectora/comprensión da lectura [PEDAG/LING]

    Captación do significado completo dun texto lido. Habitualmente, a comprensión da lectura é unha das capacidades máis desenvolvidas didacticamente dentro da área da lingua. A comprensión da lectura non se pode desligar do dominio mecánico e, concretamente, da velocidade de lectura. O proceso de interpretación dun texto pon en xogo a memoria do lector, na medida en que acumula a información necesaria para dotar de significado as unidades discursivas e as expectativas, que proxectan o lido con anterioridade sobre o que queda por ler. A comprensión opérase a partir da relación por parte do lector dos sucesivos períodos oracionais, que ofrecen unha información que se sintetiza nun proceso de abstracción mental. Pódese diferenciar entre unha comprensión primaria, que consiste na captación do sistema conceptual do texto, e unha comprensión secundaria, que implica a reflexión sobre os conceptos e o que estes designan.