compresibilidade

compresibilidade

(

  1. s f

    Calidade de compresible.

  2. [FÍS]
    1. s f

      Propiedade dunha substancia ou corpo pola que reduce o seu volume cando se somete a un aumento de presión. Mídese co coeficiente de compresibilidade.

    2. coeficiente de compresibilidade [k]

      Cociente entre a diminución relativa do volume dunha substancia e o aumento de presión que a produciu: k=dV/VdP. Mídese en m 2 /N=Pa -1 . Pódese distinguir o coeficiente de compresibilidade isoterma, k<J>T</J>=(-1/V)(ðVP)<J>T</J>, e o coeficiente de compresibilidade adiabática, k<J>S</J>=(-1/V)(ðVP)<J>S</J>. O coeficiente de compresibilidade é o inverso do módulo de compresibilidade. OBS: Tamén se denomina compresibilidade.

    3. factor de compresibilidade [Z]

      Factor adimensional relativo a un gas, dado pola expresión Z=PV/RT, onde P é a presión, V é o volume molar, R é a constante dos gases perfectos e T é a temperatura. Introducido na ecuación de estado dun gas, dá unha idea da desviación do comportamento deste respecto ao do gas ideal, polo que tamén se coñece como factor de desviación do gas.

    4. módulo de compresibilidade [K]

      Coeficiente inverso do coeficiente de compresibilidade: K=1/k. Mídese en N/m 2 =Pa. Dá idea da presión que debe aplicarse sobre a unidade de superficie do corpo en cuestión para producir unha determinada diminución relativa do volume.

Palabras veciñas

comprensión | comprensivo -va | compresa | compresibilidade | compresible | compresión | compresivo -va