Comte, Auguste
Filósofo francés. Cursou estudios de matemáticas na Escola Politécnica de París. Discípulo do teórico socialista Saint-Simon, está considerado como o pai da socioloxía moderna e do positivismo, en base á súa teoría dos tres estadios polos que pasou a humanidade: o teolóxico (ou fiticio), o metafísico (ou abstracto) e o científico (ou positivo), analizados na súa obra Cours de philosophie positive (Curso de filosofía positiva, 1830-1842). Nos seus últimos anos de vida, orientou a súa filosofía cara ao misticismo e intentou convertela nunha relixión da humanidade. Entre as súas obras cómpre destacar: Discours sur l’esprit positif (Discurso sobre o espírito positivo, 1844), Discours sur l’ensemble du positivisme (Discurso sobre o conxunto do positivismo, 1848) e Système de politique positive, instituant la religion de l’Humanité (Sistema de política positiva, instituíndo a relixión da humanidade, 1851-1854).
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Montpellier -
Deceso
Lugar : París