comunitario -ria
comunitario -ria
(< común)
-
adx
-
Que é da comunidade.
Ex: Fixeron unhas pintadas no local comunitario do edificio.
-
Que pertence á Unión Europea.
Ex: As axudas económicas comunitarias tentan paliar os problemas pesqueiros de Galicia.
-
-
arquitectura comunitaria
[ARQUIT]
Movemento arquitectónico baseado na colaboración de arquitectos e futuros habitantes das vivendas e dos barrios que se van construír. Entre os proxectos levados a cabo destacan a remodelación da cidade de Boloña e o Lewishan Self-Building Housing (Londres, 1977-1980) de Walter Segal.