Comunitel

Comunitel

Empresa de servicios integrais de comunicación creada en Vigo en 1998 e que comezou a súa actividade o 26 de xaneiro de 1999. Fundada polos irmáns Portela, conseguiu a licenza da Comisión del Mercado de Telecomunicaciones (CMT) para prestar servicios de telefonía básica ás pymes con voz e RDSI. En marzo do ano 2000 pasou a formar parte da multinacional Grapes e a partir de xuño de 2001 foi vendida á compañía portuguesa Oni por 12.600 millóns de pesetas, o que significa o terceiro maior investimento realizado nunha compañía viguesa por parte do empresariado portugués.