Con

Con

Río que nace preto do monte Xiabre, na parroquia de Cea (concello de Vilagarcía de Arousa) e desemboca na ría de Arousa. O seu curso adopta unha dirección NL-SO coa que drena a parroquia; neste treito construíuse un pequeno encoro. Despois vira cara ao O atravesando a parroquia de Arealonga para chegar á de Vilagarcía, onde desemboca logo dun percorrido duns 7 km.