concanavalina A

concanavalina A
s f [BIOQ]

Lectina illada da papilionácea da especie Canavalia ensiformis. É un polímero de 2 ou 4 unidades proteicas de 27.000 daltons cada unha. Nas células animais presenta aglutinación e unha actividade de restauración do patrón normal de crecemento nas células tumorais. Nas células vexetais promove a mitose.

Palabras veciñas

Conca, Sebastiano | concada | concameración | concanavalina A | CONCAPA | CONCAPAG | concatedral