Concepción, castelo da

Concepción, castelo da

ou de Santo Antonio de Cedeira Recinto fortificado situado na punta Sarridal. Erixiuse coa finalidade de mellorar o sistema defensivo dun enclave portuario acostumado a sufrir incursións marítimas. O seu proxecto foi obra do director de pilotos Domingo Pérez, que no ano 1747 aproveitou a colaboración da poboación de Cedeira e os 9.000 reais de presuposto para construír un recinto de planta hexagonal, ameado e dotado de patios interiores con dependencias residenciais para a tropa e polvoreira. Malia os intentos de reconstrución deseñados polo enxeñeiro militar Miguel de Hermosilla, e posteriormente por Antonio López no último terzo do s XVIII, non se acometeron obras de ampliación e mellora. Ata finais do s XX non comezaron as obras de acondicionamento do recinto para albergar un museo etnográfico.