Conde Roa, Juan

Conde Roa, Juan

Licenciado en Xeografía e Historia pola Universidade de Santiago de Compostela (1987). Director de publicacións do Consorcio de Santiago, é autor, documentalista histórico e coordinador de varias publicacións e artigos relacionados coa cidade de Santiago: Voces en Compostela (1993), Edificios nobles y pazos urbanos (1993), Claustros de Compostela (1993), Compostela ciudad histórica y universitaria (1993), Ciudades Patrimonio de la Humanidad de España (1994), Santiago de Compostela (1995), Cotiá Compostela (1999) e Descubre Compostela en 7 días (2000). Exerceu como comisario e director de exposicións de arte (Artistas Noveis. Suso Noya, 1995; Prata sobre pedra, 1996; Dúas culturas, unha arte. O realismo xaponés no occidente europeo, 1997; Villafínez/Vilafíns. A cor e a luz, 1998; Villafínez 1892-1970, 1998; Ramón Vázquez Molezún, pintor, 1998; e Fauna (esculturas de José Francisco López Noya Francés), 1999) e foi o autor do catálogo da exposición antolóxica Francisco Asorey (1988) e Patrimonio Pitórico da Casa do Concello de Santiago (1993). É socio fundador e secretario do Ateneo Padronés e da Fundación Ramón Diéguez Cerámica Celta-La Calera Pontecesures.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Padrón