condimento

condimento

(

s m

Substancia que se agrega a un alimento para engadir aroma, sabor ou outras propiedades sensoriais. Poden ser substancias simples ou composicións culinarias, como a salsa e o refrito. Clasifícanse como: salinos (sal común), doces (azucre, mel), acedos (vinagre, zume de limón, alcaparras), agres (mostaza, allo), graxos (aceites, manteigas), hortalizas (liliáceas: cebola, allo; raíces: cenoria, xenxibre; e outras: pementa, pemento), herbas aromáticas (tomiño, ourego, romeo) ou especias (noz moscada, pementa, canela). Algúns alimentos propiamente ditos (azucre, aceite, manteiga, queixo, froitos secos) empréganse ás veces como condimentos. O glutamato monosódico e algúns produtos químicos de extracción ou síntese utilízanse como condimentos ou saborizantes na elaboración industrial de alimentos.

Sinónimos