aderezo
(
-
s
m
Acción e efecto de aderezar.
-
s
m
[ALIM]
Ingredientes en forma de condimentos que melloran e conservan o sabor das comidas.
Ex: O aderezo que prepara meu pai para o churrasco é bastante picante.
Sinónimos: adobo. Confrontacións: condimento. -
s
m
Aquilo que serve para adornar.
Ex: É unha moza moi presumida que sempre leva algún tipo de aderezo.
Sinónimos: abelorio, adobío, adorno, afeite, atavío, enfeite. -
s
m
[ESPECT]
Accesorios empregados nas representacións teatrais.
Ex: O decorador deseñou un aderezo moi orixinal para a obra de teatro.
-
s
m
[INDUM]
Xogo completo de xoias ou roupas que melloran a presenza da persoa.
Ex: Dos invitados á voda, a madriña era a que levaba o aderezo máis rechamante.
-
s
m
[ALIM]
Mollo ou aliño para ensalada.
Ex: A ensalada non tiña suficiente aderezo para o meu gusto.
-
s
m
[ETN/INDUM]
Complemento do traxe feminino tradicional de gala, composto por un par de pendentes de ouro ou prata sobredourada, de filigrana e forma triangular e outro que vai pendurado por unha cinta de veludo ou cadea e que cae sobre o peito.