Condroz
Condroz
Rexión de Bélxica situada entre o río Meuse e o Ourthe. É un altiplano duns 300 m de altitude formado por rochas do Paleozoico inferior, principalmente calcarias, recubertas de arxilas. Os vales están moi cultivados (cereais) e posúe unha considerable gandería. Tamén é importante a explotación forestal. As cidades máis destacadas son Dinant e Ciney.