conducir
(< lat conducĕre ‘conducir’)
-
v t
Levar unha persoa ou animal baixo dirección e vixilancia polo camiño por onde ten que ir.
Ex: Conduciu a nena pola man ata o colexio. Conducimos o gando ata o prado.
Sinónimos: dirixir, guiar, dirixir. -
v t
Dirixir ou guiar un asunto determinado ou a actuación dun grupo de persoas.
Ex: O xeneral conduce os soldados para gañar a batalla. Conduce a dirección da coral de forma extraordinaria.
-
v t
Transportar algo dun lugar a outro.
Ex: Conduciron os sacos de café dun almacén a outro. Conduciu o rabaño á feira.
-
v t
Dirixir animais de tiro ou vehículos, especialmente os de tracción mecánica.
Ex: Luís conduce un autobús escolar. OBS: Nalgunhas construcións pode aparecer o complemento omitido e adquirir réxime intransitivo. Ex: Aínda non sabe conducir.
-
v t
Transmitir algo a través dun medio condutor.
Ex: Os tubos conducen a auga dende o monte ás casas. O cobre conduce a electricidade.
-
v t
-
Levar unha vía de comunicación a algún sitio.
Ex: Este camiño conduciranos á montaña en pouco tempo. OBS: Nalgunhas construcións pode aparecer o complemento omitido e adquirir réxime intransitivo. Ex: A estrada conduce ó mar.
-
Ser causa que unha persoa chegue a un estado ou situación concreta.
Ex: As drogas conducírono á delincuencia. OBS: Nalgunhas construcións pode aparecer o complemento omitido e adquirir réxime intransitivo (Ex: O alcohol conduce ó abandono físico).
-
-
v pron
Comportarse dunha determinada forma.
Ex: Condúcese moi ben na vida.
Palabras veciñas
conducente | conducido -da | condución | conducir | conduplicación | conduplicado -da | Conduriotis, PavlosIndicativo
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles conduzo
conduces
conduce
conducimos
conducides
conducen
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles conducía
conducías
conducía
conduciamos
conduciades
conducían
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles conducín
conduciches
conduciu
conducimos
conducistes
conduciron
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles conducira
conduciras
conducira
conduciramos
conducirades
conduciran
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles conducirei
conducirás
conducirá
conduciremos
conduciredes
conducirán
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles conduciría
conducirías
conduciría
conduciriamos
conduciriades
conducirían
Subxuntivo
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles conduza
conduzas
conduza
conduzamos
conduzades
conduzan
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles conducise
conducises
conducise
conducisemos
conducisedes
conducisen
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles conducir
conducires
conducir
conducirmos
conducirdes
conduciren
Imperativo
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles -
conduce
-
-
conducide
-
Formas nominais
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles conducir
conducires
conducir
conducirmos
conducirdes
conduciren
conducida
conducidos
conducidas