dirixir

dirixir

(< lat dirigĕre)

  1. v t

    Guiar a alguén ou a algo cara a un lugar determinado.

    Ex: O capitán dirixía o barco cara ás Canarias. Dirixía o seu batallón cara ó país veciño. 

    Confrontacións: conducir, enfilar.
  2. v t

    Pór algo nunha dirección determinada.

    Ex: Dirixiu os ollos cara ó chan. 

    Confrontacións: orientar.
  3. Pór a un documento, carta, paquete ou calquera vulto os datos de quen o envía.

  4. Facer alguén que unha cousa teña un obxectivo concreto.

    Ex: Dirixe as súas investigacións á loita contra o cancro. As solicitudes hai que llas dirixir ó presidente da asociación. 

  5. v t

    Indicar a alguén o modo de actuar.

    Ex: Non deixa que ninguén lle dirixa a súa carreira profesional. 

  6. v t

    Dispoñer alguén cómo hai que realizar algunha cousa.

    Ex: O seu fillo dirixe os seus negocios desde que el se xubilou. Dirixiulle a tese o catedrático do departamento. Dirixiu unha das mellores películas do século. 

  7. v pron

    Ir algo ou alguén cara a un lugar determinado.

    Ex: Dirixiuse cara á facultade.  

    Confrontacións: enfilar.
  8. v pron

    Converter a algo ou a alguén en destinatario do que se di ou do que se escribe.

    Ex: Dirixiuse ó presidente con palabras moi duras. 

  9. v pron

    Ter algo un obxectivo.

    Ex: As mercadorías diríxense ó Terceiro Mundo.

Frases feitas

  • Dirixir a palabra/o saúdo. Ter trato ou relación con outra persoa. OBS: Emprégase normalmente en construcións negativas. Ex: Desde que se enfadou non lle dirixe a palabra.

Palabras veciñas

dirixente | dirixible | dirixir | dirixir | dirixismo | dirixista | Dirofilaria
Conxugar
VERBO dirixir
Forma verbal: Infinitivo

Indicativo

Presente Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
dirixo
dirixes
dirixe
diriximos
dirixides
dirixen
Pretérito imperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
dirixía
dirixías
dirixía
dirixiamos
dirixiades
dirixían
Pretérito perfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
dirixín
dirixiches
dirixiu
diriximos
dirixistes
dirixiron
Pretérito pluscuamperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
dirixira
dirixiras
dirixira
dirixiramos
dirixirades
dirixiran
Futuro Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
dirixirei
dirixirás
dirixirá
dirixiremos
dirixiredes
dirixirán
Condicional Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
dirixiría
dirixirías
dirixiría
dirixiriamos
dirixiriades
dirixirían

Subxuntivo

Presente Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
dirixa
dirixas
dirixa
dirixamos
dirixades
dirixan
Imperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
dirixise
dirixises
dirixise
dirixisemos
dirixisedes
dirixisen
Futuro Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
dirixir
dirixires
dirixir
dirixirmos
dirixirdes
dirixiren

Imperativo

Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
-
dirixe
-
-
dirixide
-

Formas nominais

Infinitivo conxugado Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
dirixir
dirixires
dirixir
dirixirmos
dirixirdes
dirixiren
Xerundio dirixindo
Participio dirixido
dirixida
dirixidos
dirixidas