confederación

confederación

(

  1. s f

    Acción de confederar ou confederarse.

    Confrontacións: federación.
  2. s f

    Agrupación de persoas, colectividades, organismos ou estados para a defensa de intereses comúns. Diferénciase da federación no feito de que a soberanía dos membros ten máis importancia có vínculo federativo. OBS: Normalmente, emprégase nas denominacións destas agrupacións.

    Confrontacións: federación.