confluente

confluente

(< lat conflŭente, ppres de confluĕre ‘confluír, afluír’)

  1. adx

    Que conflúe.

  2. adx [BOT]

    Aplícase ao órgano intimamente unido a outro, deformado a miúdo a causa do contacto.

  3. adx [PAT]
    1. Aplícase a grans, pústulas, etc, tan achegados, que se tocan e se confunden.

    2. Aplícase a todo aquilo que se caracteriza pola presenza deste tipo de grans ou pústulas.

Palabras veciñas

conflitivo -va | conflito | confluencia | confluente | confluír | confocal | conformación