conformación
(< lat conformatiōne)
-
s
f
Acción de conformar ou conformarse.
-
s
f
-
Estrutura ou forma dalgunha cousa.
Ex: A conformación deses lenzos reflicte claramente a época e o estilo no que foron pintados.
-
[ANAT]
Disposición xeral das partes que forman un corpo organizado ou un órgano.
Ex: Cómprenlle chapeos de talle especial debido á conformación da súa cabeza.
-
[QUÍM]
Cada unha das disposicións xeométricas dos átomos dunha molécula no espacio, que poden interconverterse por rotación, máis ou menos libre, duns grupos atómicos respecto dos outros, ao redor dun enlace simple que se toma como eixe. A repulsión entre os electróns dos enlaces e un certo impedimento estérico entre os átomos, fan que só estean favorecidas enerxeticamente determinadas configuracións dunha molécula e que a rotación libre estea en parte restrinxida. O etano (H 3 C-CH 3 ) posúe unha enerxía de interacción máxima cando a distancia entre os hidróxenos de cada metilo é mínima (conformación eclipsada), e mínima cando a distancia é máxima (conformación alternada ou non eclipsada). Por esta razón, a maioría das moléculas do etano a temperatura ambiente sitúanse na conformación alternada, que é máis estable. Para o 1,2-dibromoetano (BrH 2 C-CH 2 Br) propóñense diversas formas de configuración: a sinperiplanar, cos átomos de bromo eclipsados; a sinclanal, na que os bromos forman un ángulo de torsión (τ) de 60° ou 300°; a anticlinal, con ángulos de 120° ou 240°; e a antiperiplanar, con ángulo de 180°. A forma sinclinal e, sobre todo, a antiperiplanar son as máis estables. A análise de conformación demostra que o ciclohexano se presenta en dúas conformacións de menor tensión ca a forma plana do anel: unha en forma de barca, e a outra semellante a unha cadeira, máis estable.
-
-
s
f
[IND]
-
Acción que lles dá aos metais unha forma axeitada aproveitando a súa capacidade de deformación plástica, que permite que sexan traballados en forma de pranchas ou barras. A conformación de metais pode facerse en frío (a temperatura ambiente) ou en quente, sexa por dobramento, extrusión, estiramento, laminación, forxa ou estampación. Na conformación en frío, prodúcese unha gran consolidación do metal, que aumenta de resistencia e se volve duro e crebadizo, feito que non ocorre en quente. Na metalurxia das pólvoras, a conformación faise prensando o compacto de pólvoras; este proceso permite acadar pezas cunhas densidades maiores e cu-nhas tolerancias dimensionais máis estreitas. Unha gran deformación plástica permite obter formas máis complexas e, se é restrinxida, as pezas poden ter as dimensións precisas sen necesitar unha posterior mecanización.
-
Acción de darlles aos plásticos (termoplásticos ou termoendurecibles) unha forma adecuada para aproveitar a súa capacidade de deformación mediante a acción conxunta da calor e da presión, e segundo diversos prodecementos: laminación, moldeado, extrusión, expansión, etc.
-