conformar

conformar

(< lat conformāre)

  1. v t
    1. Dar unha forma determinada a algunha cousa, material ou inmaterial, ou a alguén.

      Ex: Conformoulle o chaleco da voda para que lle acaese ben. A súa estadía no cárcere conformou o seu carácter.

      Sinónimos: configurar, formar.
    2. Darlles aos metais, plásticos ou outros materiais unha forma axeitada ao uso ao que van destinados.

  2. v t
    1. Igualar ou facer coincidir unha cousa con outra.

      Ex: Non é doado conformar os vicios cos valores cristiáns.

    2. [ECON]

      Dar a conformidade á recepción ou o libramento dunha mercadoría.

  3. v t

    Conseguir que alguén estea conforme.

    Ex: Conformeino con catro duros. Quería vir comigo, pero conformeino dicíndolle que o levaba ó cine máis tarde.

    Sinónimos: contentar.
  4. v pron

    Tomar unha forma determinada algo ou alguén.

    Ex: Nos últimos versos o poema conformouse de acordo cos parámetros vangardistas.

  5. v pron

    Estar unha persoa conforme co que é ou co que ten.

    Ex: Non che é moi esixente, confórmase con pouca cousa.

Conxugar
VERBO conformar
Forma verbal: Infinitivo

Indicativo

Presente Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
conformo
conformas
conforma
conformamos
conformades
conforman
Pretérito imperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
conformaba
conformabas
conformaba
conformabamos
conformabades
conformaban
Pretérito perfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
conformei
conformaches
conformou
conformamos
conformastes
conformaron
Pretérito pluscuamperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
conformara
conformaras
conformara
conformaramos
conformarades
conformaran
Futuro Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
conformarei
conformarás
conformará
conformaremos
conformaredes
conformarán
Condicional Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
conformaría
conformarías
conformaría
conformariamos
conformariades
conformarían

Subxuntivo

Presente Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
conforme
conformes
conforme
conformemos
conformedes
conformen
Imperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
conformase
conformases
conformase
conformasemos
conformasedes
conformasen
Futuro Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
conformar
conformares
conformar
conformarmos
conformardes
conformaren

Imperativo

Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
-
conforma
-
-
conformade
-

Formas nominais

Infinitivo conxugado Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
conformar
conformares
conformar
conformarmos
conformardes
conformaren
Xerundio conformando
Participio conformado
conformada
conformados
conformadas