conforme
(< lat conforme)
-
adx
Que ten unha forma ou maneira de ser igual á doutra cousa que normalmente se toma como tipo ou modelo.
Ex: Os seus feitos son conformes ás súas ideas.
-
adx
Que está de acordo con algo ou alguén.
Ex: Está conforme coa proposta que lle fixeches. A súa opinión é conforme á xeral.
Antónimos: desconforme. -
adx
Que está contento ou satisfeito con algo.
Ex: Non está conforme coa repartición da herdanza de seus pais.
-
conx
Introduce unha cláusula que indica ‘do mesmo xeito que’.
Ex: Respondeulle ó avogado conforme o fixera na primeira declaración.
Sinónimos: consoante, consonte. -
conx
Introduce unha cláusula que indica ‘de xeito simultáneo ou a medida que’.
Ex: Conforme pensaba o relato ía escribindo no seu ordenador. Nós comiamos as castañas conforme ela lles sacaba o ourizo.
-
conx
Introduce unha cláusula que indica ‘no mesmo momento en que ou tan pronto como’.
Ex: Conforme acabou o exame, levantouse e marchou. Conforme chegues á casa, acende a radio para escoitar o programa.
-
prep
De acordo con, desde o punto de vista de.
Ex: Conforme o director, comezamos a rodaxe en abril.
Sinónimos: consoante, consonte.