contentar

contentar

(< contento)

  1. v t

    Facer que alguén se poña contento. Na tradición oral recóllense ditos como: “A quen tes que contentar, non o debes enfadar”.

    Ex: A nova contentou a toda a xente.

    Sinónimos: alegrar. Antónimos: entristecer.
  2. v t

    Satisfacer algunha cousa a alguén. Na tradición oral recóllense ditos como: “ A quen un non contenta, non lle abondan dous nin corenta”.

    Ex: Os acordos non contentaron a maioría.

    Sinónimos: compracer, satisfacer. Antónimos: descontentar, desgustar.
  3. v pron

    Poñerse feliz e contento.

    Ex: Non se contentou tanto como eu agardaba.

  4. v pron

    Darse por satisfeita unha persoa cunha cousa. Na tradición oral recóllense ditos como: “Conténtate co teu, e deixa a cada cal o seu. O que non se contenta é porque non quer. Quen con un non se contenta, o mesmo lle son dez que millenta”.

    Ex: Contentáronse co que lles tocou.

Palabras veciñas

contentable | contentadizo -za | contentamento | contentar | contento -ta | conter | contera*
Conxugar
VERBO contentar
Forma verbal: Infinitivo

Indicativo

Presente Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
contento
contentas
contenta
contentamos
contentades
contentan
Pretérito imperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
contentaba
contentabas
contentaba
contentabamos
contentabades
contentaban
Pretérito perfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
contentei
contentaches
contentou
contentamos
contentastes
contentaron
Pretérito pluscuamperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
contentara
contentaras
contentara
contentaramos
contentarades
contentaran
Futuro Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
contentarei
contentarás
contentará
contentaremos
contentaredes
contentarán
Condicional Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
contentaría
contentarías
contentaría
contentariamos
contentariades
contentarían

Subxuntivo

Presente Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
contente
contentes
contente
contentemos
contentedes
contenten
Imperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
contentase
contentases
contentase
contentasemos
contentasedes
contentasen
Futuro Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
contentar
contentares
contentar
contentarmos
contentardes
contentaren

Imperativo

Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
-
contenta
-
-
contentade
-

Formas nominais

Infinitivo conxugado Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
contentar
contentares
contentar
contentarmos
contentardes
contentaren
Xerundio contentando
Participio contentado
contentada
contentados
contentadas