formar
(< lat formāre)
-
v t
Facer ou dar forma a algo utilizando un ou varios elementos.
Ex: Formamos un poema só con tres frases. O neno formou un castelo na area.
Confrontacións: compoñer, compor, construír. -
v t
-
Xuntar persoas ou cousas para crear unha colectividade ou un todo.
Ex: O seu pai formou un equipo de baloncesto con varios rapaces da clase. Formei unha colección de coches pequenos.
Confrontacións: compoñer, compor. -
Ser algo ou alguén parte ou elemento principal dun todo.
Ex: El e a súa muller forman unha das parellas máis consolidadas de Hollywood. Formou parte do xornal do instituto.
Sinónimos: constituír.
-
-
v t
-
Dar unha formación intelectual, moral ou profesional a alguén.
Ex: Nesa academia forman bos profesionais.
Confrontacións: educar. -
Desenvolver as facultades físicas, morais ou intelectuais dunha persoa.
Ex: As lecturas e as amizades formaron a súa ideoloxía.
Confrontacións: configurar, conformar. -
Desenvolver alguén certa idea, sentimento ou gusto.
Ex: En París formou o seu gusto pola arte.
Confrontacións: configurar, conformar.
-
-
v t
[BÉL]
Dispoñer as tropas en formación segundo as regras tácticas.
-
v i
Adquirir alguén un certo grao de seriedade ou de responsabilidade.
Ex: Non o deixan ir só á festa porque aínda non formou.
-
v i
[BÉL]
Poñerse a tropa ou soldados en fileiras.
Ex: Os recrutas formaron no patio.
-
v pron
Adquirir algo unha forma determinada a partir dunha materia ou de varios elementos.
Ex: Xa se formou unha capa de xeo no frigorífico.
-
v pron
Chegar a existir algo pola unión de persoas ou cousas.
Ex: Formouse unha nova alianza entre eses dous partidos.
-
v pron
Imaxinarse alguén algo.
Ex: Formouse unha idea equivocada.
-
v pron
-
Recibir alguén unha formación intelectual, moral ou profesional.
Ex: Formouse nos mellores colexios e universidades.
-
Desenvolverse as facultades físicas, morais ou intelectuais de alguén.
Ex: A súa estética formouse nas mellores escolas.
-
Desenvolverse certa idea, sentimento ou gusto en alguén.
Ex: O seu interese pola pintura formouse na súa estancia nese país.
-
Palabras veciñas
formamida | Forman, Miloš | formante | formar | formatear | formativo -va | formatoIndicativo
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles formo
formas
forma
formamos
formades
forman
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles formaba
formabas
formaba
formabamos
formabades
formaban
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles formei
formaches
formou
formamos
formastes
formaron
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles formara
formaras
formara
formaramos
formarades
formaran
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles formarei
formarás
formará
formaremos
formaredes
formarán
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles formaría
formarías
formaría
formariamos
formariades
formarían
Subxuntivo
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles forme
formes
forme
formemos
formedes
formen
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles formase
formases
formase
formasemos
formasedes
formasen
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles formar
formares
formar
formarmos
formardes
formaren
Imperativo
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles -
forma
-
-
formade
-
Formas nominais
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles formar
formares
formar
formarmos
formardes
formaren
formada
formados
formadas