compoñer
(< lat componĕre)
-
v t
Formar un todo reunindo ou combinando diversos elementos, diversas partes ou diversos ingredientes.
Ex: Compuxo un medicamento con estas substancias.
Sinónimos: compor. -
v t
Ser as persoas ou as cousas que se indican os elementos dos que está formada algunha cousa.
Ex: As engrenaxes compoñen a parte máis delicada da transmisión. A sociedade compóñena os tres socios.
-
v t
Formar alguén algo unindo varias cousas ou varias persoas.
Ex: Compuxo unha orquestra cos músicos da parroquia.
Sinónimos: compor, constituír, integrar. -
v t
Crear unha obra intelectual ou artística, especialmente musical ou literaria.
Ex: Compuxo uns versos dedicados á súa irmá. OBS: Nalgunhas construcións omítese o complemento e adquire valor absoluto. Ex: Compón para moitos artistas.
Sinónimos: compor, escribir, producir. -
v t
-
Arranxar algo que estaba estragado.
Ex: Entre os dous compuxeron a cadea da bicicleta.
Sinónimos: compor, reparar. -
Volver ao seu sitio un óso escordado.
Ex: Compúxolle o ombro pero doeulle moito.
Sinónimos: compor. -
Recuperar algo o seu estado normal.
Ex: Toma unha macela para que che compoña o estómago.
Sinónimos: compor, restablecer.
-
-
v t
Mediar nun asunto para poñer paz entre dúas ou máis persoas enfrontadas.
Ex: Tivo que ser o pai que compuxese os dous irmáns.
Sinónimos: avir, compor, reconciliar. -
v t
-
Preparar unha persoa engalanándoa. OBS: Na tradición oral recóllense ditos como: “Compón un cepo e semellará un mancebo”.
Ex: Compuxo a nena para a comuñón cun fermoso vestido.
Sinónimos: aderezar, adobiar, adornar, amañar, compor, engalanar. -
Ordenar unha cousa para que quede en bo estado.
Ex: Compuxeron o soto para facer unha festa.
Sinónimos: amañar, compor.
-
-
v t
Xuntar os tipos de linotipia para formar palabras.
Sinónimos: compor. -
v t
[PINT]
Ordenar, segundo as leis estéticas e os canons da proporcionalidade, todos os elementos que forman unha obra pitórica, de maneira que manteñan un efecto de equilibrio, beleza e graza dentro da idea inicial concibida polo mesmo artista.
Sinónimos: compor. -
v pron
Estar algo constituído por varias partes.
Ex: O edificio componse de pisos e apartamentos.
-
v pron
Prepararse unha persoa con arranxos persoais. Na tradición oral recóllense ditos como: “Componte noiva que has de ir á voda”.
Ex: Compúxose toda para ir á cerimonia.
Frases feitas
-
Alá se compoñan. Que cada un se goberne como poida.
-
Seica me queres compoñer? Emprégase cando alguén quere mofarse de un.
Indicativo
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles compoño
compós
compón
compoñemos
compoñedes
compoñen
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles compoñía
compoñías
compoñía
compoñiamos
compoñiades
compoñían
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles compuxen
compuxeches
compuxo
compuxemos
compuxestes
compuxeron
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles compuxera
compuxeras
compuxera
compuxeramos
compuxerades
compuxeran
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles compoñerei
compoñerás
compoñerá
compoñeremos
compoñeredes
compoñerán
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles compoñería
compoñerías
compoñería
compoñeriamos
compoñeriades
compoñerían
Subxuntivo
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles compoña
compoñas
compoña
compoñamos
compoñades
compoñan
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles compuxese
compuxeses
compuxese
compuxesemos
compuxesedes
compuxesen
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles compuxer
compuxeres
compuxer
compuxermos
compuxerdes
compuxeren
Imperativo
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles -
compón
-
-
compoñede
-
Formas nominais
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles compoñer
compoñeres
compoñer
compoñermos
compoñerdes
compoñeren
composta
compostos
compostas