escribir

escribir

(< lat scribĕre)

    1. v t

      Representar palabras, números, sons, expresións ou ideas por medio de signos gráficos.

      Ex: Escribe o meu teléfono neste papel. OBS: Nalgunhas construcións omítese o complemento directo e adquire valor absoluto. Ex: O fillo máis pequeno aínda non escribe ben.

    2. máquina de escribir [TECNOL]

      Aparello que permite imprimir caracteres tipográficos nun papel. Consta dun teclado que serve para accionar os caracteres de imprenta, o cilindro do carro (fixo ou móbil) portador do papel, a cinta tintada entre o carácter e o papel, o xogo de caracteres en relevo sostido por barras, bóla ou roda, e uns mecanismos auxiliares, como o espaciador, o regulador de marxes ou o tabulador. A primeira máquina de escribir foi construída en 1867 polo impresor norteamericano Ch. L. Sholes. Este modelo, dotado de barras portatipos independentes, interesou á casa Remington, que en 1873 comezou a súa fabricación en serie. O teclado das primeiras máquinas de escribir fabricadas por Remington, que recibe o nome de universal, xa era o mesmo que na actualidade e foi deseñado por Ch. L. Sholes, despois de estudiar cáles eran as asociacións de letras máis frecuentes en inglés. Th. A. Edison converteu en eléctricas as máquinas de escribir accionando as barras por medio dun electroimán, pero o seu invento non tivo unha explotación industrial. As primeiras máquinas eléctricas apareceron no mercado ao redor de 1920 e estaban baseadas no prototipo que J. F. Samther presentou en 1914, en que as barras e o carro se accionaban por un pequeno motor eléctrico. En 1961, IBM ideou unha máquina eléctrica en que os tipos están gravados nunha bóla oscilante, que é a que se move ao escribir, mentres que o carro permanece fixo. Dez anos máis tarde, IBM ideou outro tipo de soporte que consistía nunha roda ou disco. Os caracteres están fixados sobre uns soportes flexibles con forma de pétalos. Simultaneamente, apareceron as primeiras máquinas de escribir automáticas nas que, ao teclear un texto, este se imprime sobre o papel, ao mesmo tempo que se rexistra sobre un soporte magnético (banda ou disco) ou cartón ou cinta perforada, de maneira que é posible reproducilo tantas veces como sexa necesario sen ter que volvelo teclear.

  1. v t
    1. Compoñer unha obra literaria, musical ou científica.

      Ex: Escribiu un conto sobre a soidade. OBS: Nalgunhas construcións omítese o complemento directo e adquire valor absoluto. Ex: Ese autor escribe sempre sobre os mesmos temas.

    2. Publicar artigos en diarios ou revistas.

      Ex: Xa escribía artigos para ese xornal cando estaba na universidade. OBS: Nalgunhas construcións omítese o complemento directo e adquire valor absoluto. Ex: Se mo pedisen, escribiría nesa revista.

  2. v t

    Comunicar algo a alguén por escrito.

    Ex: Escribiulle unha postal para felicitalo polo seu aniversario. OBS: Nalgunhas construcións omítese o complemento directo e adquire valor absoluto. Ex: Escríbelle dúas veces por semana.

  3. v t [INFORM]

    Rexistrar datos nunha memoria ou soporte calquera.

  4. v i

    Expresarse por escrito.

    Ex: Os alumnos cada vez escriben peor.

Palabras veciñas

escribenta | escribente | escribidor -ra | escribir | escricar | escríctido -da | escriñeiro
Conxugar
VERBO escribir
Forma verbal: Infinitivo

Indicativo

Presente Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
escribo
escribes
escribe
escribimos
escribides
escriben
Pretérito imperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
escribía
escribías
escribía
escribiamos
escribiades
escribían
Pretérito perfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
escribín
escribiches
escribiu
escribimos
escribistes
escribiron
Pretérito pluscuamperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
escribira
escribiras
escribira
escribiramos
escribirades
escribiran
Futuro Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
escribirei
escribirás
escribirá
escribiremos
escribiredes
escribirán
Condicional Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
escribiría
escribirías
escribiría
escribiriamos
escribiriades
escribirían

Subxuntivo

Presente Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
escriba
escribas
escriba
escribamos
escribades
escriban
Imperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
escribise
escribises
escribise
escribisemos
escribisedes
escribisen
Futuro Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
escribir
escribires
escribir
escribirmos
escribirdes
escribiren

Imperativo

Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
-
escribe
-
-
escribide
-

Formas nominais

Infinitivo conxugado Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
escribir
escribires
escribir
escribirmos
escribirdes
escribiren
Xerundio escribindo
Participio escrito
escrita
escritos
escritas