compoñer

compoñer

(< lat componĕre)

  1. v t

    Formar un todo reunindo ou combinando diversos elementos, diversas partes ou diversos ingredientes.

    Ex: Compuxo un medicamento con estas substancias.

    Sinónimos: compor.
  2. v t

    Ser as persoas ou as cousas que se indican os elementos dos que está formada algunha cousa.

    Ex: As engrenaxes compoñen a parte máis delicada da transmisión. A sociedade compóñena os tres socios.

  3. v t

    Formar alguén algo unindo varias cousas ou varias persoas.

    Ex: Compuxo unha orquestra cos músicos da parroquia.

    Sinónimos: compor, constituír, integrar.
  4. v t

    Crear unha obra intelectual ou artística, especialmente musical ou literaria.

    Ex: Compuxo uns versos dedicados á súa irmá. OBS: Nalgunhas construcións omítese o complemento e adquire valor absoluto. Ex: Compón para moitos artistas.

    Sinónimos: compor, escribir, producir.
  5. v t
    1. Arranxar algo que estaba estragado.

      Ex: Entre os dous compuxeron a cadea da bicicleta.

      Sinónimos: compor, reparar.
    2. Volver ao seu sitio un óso escordado.

      Ex: Compúxolle o ombro pero doeulle moito.

      Sinónimos: compor.
    3. Recuperar algo o seu estado normal.

      Ex: Toma unha macela para que che compoña o estómago.

      Sinónimos: compor, restablecer.
  6. v t

    Mediar nun asunto para poñer paz entre dúas ou máis persoas enfrontadas.

    Ex: Tivo que ser o pai que compuxese os dous irmáns.

    Sinónimos: avir, compor, reconciliar.
  7. v t
    1. Preparar unha persoa engalanándoa. OBS: Na tradición oral recóllense ditos como: “Compón un cepo e semellará un mancebo”.

      Ex: Compuxo a nena para a comuñón cun fermoso vestido.

      Sinónimos: aderezar, adobiar, adornar, amañar, compor, engalanar.
    2. Ordenar unha cousa para que quede en bo estado.

      Ex: Compuxeron o soto para facer unha festa.

      Sinónimos: amañar, compor.
  8. v t

    Xuntar os tipos de linotipia para formar palabras.

    Sinónimos: compor.
  9. v t [PINT]

    Ordenar, segundo as leis estéticas e os canons da proporcionalidade, todos os elementos que forman unha obra pitórica, de maneira que manteñan un efecto de equilibrio, beleza e graza dentro da idea inicial concibida polo mesmo artista.

    Sinónimos: compor.
  10. v pron

    Estar algo constituído por varias partes.

    Ex: O edificio componse de pisos e apartamentos.

  11. v pron

    Prepararse unha persoa con arranxos persoais. Na tradición oral recóllense ditos como: “Componte noiva que has de ir á voda”.

    Ex: Compúxose toda para ir á cerimonia.

Frases feitas

  • Alá se compoñan. Que cada un se goberne como poida.

  • Seica me queres compoñer? Emprégase cando alguén quere mofarse de un.

Palabras veciñas

compoñedura | componenda | compoñente | compoñer | compoñible | compor | comporta
Conxugar
VERBO compoñer
Forma verbal: Infinitivo

Indicativo

Presente Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
compoño
compós
compón
compoñemos
compoñedes
compoñen
Pretérito imperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
compoñía
compoñías
compoñía
compoñiamos
compoñiades
compoñían
Pretérito perfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
compuxen
compuxeches
compuxo
compuxemos
compuxestes
compuxeron
Pretérito pluscuamperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
compuxera
compuxeras
compuxera
compuxeramos
compuxerades
compuxeran
Futuro Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
compoñerei
compoñerás
compoñerá
compoñeremos
compoñeredes
compoñerán
Condicional Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
compoñería
compoñerías
compoñería
compoñeriamos
compoñeriades
compoñerían

Subxuntivo

Presente Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
compoña
compoñas
compoña
compoñamos
compoñades
compoñan
Imperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
compuxese
compuxeses
compuxese
compuxesemos
compuxesedes
compuxesen
Futuro Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
compuxer
compuxeres
compuxer
compuxermos
compuxerdes
compuxeren

Imperativo

Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
-
compón
-
-
compoñede
-

Formas nominais

Infinitivo conxugado Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
compoñer
compoñeres
compoñer
compoñermos
compoñerdes
compoñeren
Xerundio compoñendo
Participio composto
composta
compostos
compostas