compoñente

compoñente

(

  1. adx e s m

    Cada un dos elementos que forman parte da composición dalgunha cousa.

    Ex: Os compoñentes da orquestra están en folga.

  2. adx e s [LING]

    Aplícase a cada un dos elementos lingüísticos que entran nunha composición conforme a unhas regras de formación específicas.

    1. adx e s [MAT]

      Cada un dos factores que compoñen un vector ou un tensor.

    2. s [METEOR]

      Factores que definen as características dun vento, especialmente a dirección da que procede.

      Ex: Para mañá hai que agardar a chegada de fortes ventos de compoñente SO que deixarán precipitacións moderadas nas Rías Baixas.

  3. s [FÍS]

    Calquera elemento ou dispositivo destinado a formar parte dun circuíto electrónico. Fálase de compoñentes activos (transistores, tubos, diodos) e de compoñentes pasivos (resistencias, condensadores, bobinas). Tamén se aplica esta designación xenérica aos dispositivos fotoeléctricos, aos circuítos integrados, aos microcircuítos, etc.

  4. s [QUÍM]

    Substancia que forma parte dunha mestura.

    Confrontacións: constituínte.

Palabras veciñas

compoñedor -ra | compoñedura | componenda | compoñente | compoñer | compoñible | compor