amañar

amañar

(< maña)

  1. v t

    Dispor algo de modo correcto ou axeitado.

    Ex: Deberías amañar a túa carteira do colexio.

    Sinónimos: acomodar, arranxar, arrombar, aviar, ordenar, preparar.
  2. v t

    Resolver ou preparar algo por medio dun acordo ou amaño.

    Ex: Finalmente, amañei os papeis da matrícula hoxe.

    Sinónimos: arranxar, solucionar.
  3. v t

    Reparar e pór en bo estado algo que estaba estragado.

    Ex: O técnico amañoume a radio que tiña os cables rotos.

    Sinónimos: arranxar, gobernar, recompoñer, recompor, reparar.
  4. v t

    Preparar por medio de influencias, artimañas ou subornos algo, de xeito que semelle legal aínda que non o sexa.

    Ex: O partido estaba amañado e non puideron gañalo.

  5. v pron

    Facerse cos medios ou o enxeño precisos que conduzan á resolución dun problema ou para dar feito algo.

    Ex: Non me amaño nada para coser.

  6. v t

    Asear, vestir, peitear e arranxar unha persoa para que teña un bo aspecto.

    Ex: Amañou o boneco e quedou precioso co novo vestido.

    Confrontacións: enfeitar.
  7. v pron

    Prepararse unha persoa para ter un bo aspecto físico.

    Ex: Amáñate un pouco que imos cear fóra.

  8. v pron

    Facer as cousas dun xeito individual e sen axuda, principalmente cando presentan unha dificultade.

    Ex: O teu fillo amáñase moi ben na cociña.

Palabras veciñas

Amān Allāh Khān | amān* | amañador -ra | amañar | amancebamento | amancebar | Amancio
Conxugar
VERBO amañar
Forma verbal: Infinitivo

Indicativo

Presente Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
amaño
amañas
amaña
amañamos
amañades
amañan
Pretérito imperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
amañaba
amañabas
amañaba
amañabamos
amañabades
amañaban
Pretérito perfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
amañei
amañaches
amañou
amañamos
amañastes
amañaron
Pretérito pluscuamperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
amañara
amañaras
amañara
amañaramos
amañarades
amañaran
Futuro Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
amañarei
amañarás
amañará
amañaremos
amañaredes
amañarán
Condicional Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
amañaría
amañarías
amañaría
amañariamos
amañariades
amañarían

Subxuntivo

Presente Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
amañe
amañes
amañe
amañemos
amañedes
amañen
Imperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
amañase
amañases
amañase
amañasemos
amañasedes
amañasen
Futuro Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
amañar
amañares
amañar
amañarmos
amañardes
amañaren

Imperativo

Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
-
amaña
-
-
amañade
-

Formas nominais

Infinitivo conxugado Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
amañar
amañares
amañar
amañarmos
amañardes
amañaren
Xerundio amañando
Participio amañado
amañada
amañados
amañadas