formar

formar

(< lat formāre)

  1. v t

    Facer ou dar forma a algo utilizando un ou varios elementos.

    Ex: Formamos un poema só con tres frases. O neno formou un castelo na area.

    Confrontacións: compoñer, compor, construír.
  2. v t
    1. Xuntar persoas ou cousas para crear unha colectividade ou un todo.

      Ex: O seu pai formou un equipo de baloncesto con varios rapaces da clase. Formei unha colección de coches pequenos.

      Confrontacións: compoñer, compor.
    2. Ser algo ou alguén parte ou elemento principal dun todo.

      Ex: El e a súa muller forman unha das parellas máis consolidadas de Hollywood. Formou parte do xornal do instituto.

      Sinónimos: constituír.
  3. v t
    1. Dar unha formación intelectual, moral ou profesional a alguén.

      Ex: Nesa academia forman bos profesionais.

      Confrontacións: educar.
    2. Desenvolver as facultades físicas, morais ou intelectuais dunha persoa.

      Ex: As lecturas e as amizades formaron a súa ideoloxía.

      Confrontacións: configurar, conformar.
    3. Desenvolver alguén certa idea, sentimento ou gusto.

      Ex: En París formou o seu gusto pola arte.

      Confrontacións: configurar, conformar.
  4. v t [BÉL]

    Dispoñer as tropas en formación segundo as regras tácticas.

  5. v i

    Adquirir alguén un certo grao de seriedade ou de responsabilidade.

    Ex: Non o deixan ir só á festa porque aínda non formou.

  6. v i [BÉL]

    Poñerse a tropa ou soldados en fileiras.

    Ex: Os recrutas formaron no patio.

  7. v pron

    Adquirir algo unha forma determinada a partir dunha materia ou de varios elementos.

    Ex: Xa se formou unha capa de xeo no frigorífico.

  8. v pron

    Chegar a existir algo pola unión de persoas ou cousas.

    Ex: Formouse unha nova alianza entre eses dous partidos.

  9. v pron

    Imaxinarse alguén algo.

    Ex: Formouse unha idea equivocada.

  10. v pron
    1. Recibir alguén unha formación intelectual, moral ou profesional.

      Ex: Formouse nos mellores colexios e universidades.

    2. Desenvolverse as facultades físicas, morais ou intelectuais de alguén.

      Ex: A súa estética formouse nas mellores escolas.

    3. Desenvolverse certa idea, sentimento ou gusto en alguén.

      Ex: O seu interese pola pintura formouse na súa estancia nese país.

Palabras veciñas

formamida | Forman, Miloš | formante | formar | formatear | formativo -va | formato
Conxugar
VERBO formar
Forma verbal: Infinitivo

Indicativo

Presente Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
formo
formas
forma
formamos
formades
forman
Pretérito imperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
formaba
formabas
formaba
formabamos
formabades
formaban
Pretérito perfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
formei
formaches
formou
formamos
formastes
formaron
Pretérito pluscuamperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
formara
formaras
formara
formaramos
formarades
formaran
Futuro Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
formarei
formarás
formará
formaremos
formaredes
formarán
Condicional Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
formaría
formarías
formaría
formariamos
formariades
formarían

Subxuntivo

Presente Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
forme
formes
forme
formemos
formedes
formen
Imperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
formase
formases
formase
formasemos
formasedes
formasen
Futuro Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
formar
formares
formar
formarmos
formardes
formaren

Imperativo

Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
-
forma
-
-
formade
-

Formas nominais

Infinitivo conxugado Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
formar
formares
formar
formarmos
formardes
formaren
Xerundio formando
Participio formado
formada
formados
formadas