Congo, Reino do
Congo, Reino do
Antigo estado que se estendía aproximadamente pola cidade de Loango, na actual República do Congo, e o lago Pool Malébo ao N; o río Cuango ao L, e a cidade angolana de Luanda ao S. Fundouse a comezos do s XIV. No s XV entrou en contacto con Portugal, que exerceu alí unha intensa influencia. En 1490, o seu monarca converteuse ao cristianismo. Nos comezos do s XVI, o reino constituía un importante mercado de escravos, feito que orixinou repetidas tentativas por parte da monarquía congolesa para fuxir do influxo colonial. En 1668, porén, o rei foi derrotado polos portugueses e o seu reino quedou dentro da órbita política portuguesa.