conmixtión

conmixtión

(

  1. s f

    Mestura de varias cousas.

  2. s f [DER]

    Modo de adquisición da propiedade mediante a mestura de dúas ou máis cousas que se compenetran e confunden, de tal modo que non se poden distinguir nin separar. É unha forma de adquirir a propiedade de bens mobiliarios por accesión. Se os bens se mesturaron por casualidade, por mutuo acordo dos seus propietarios ou por vontade dun só deles con boa fe, queda constituído un condominio e cada un dos propietarios posúe un dereito proporcional á parte que lle corresponde.

  3. s f [RELIX]

    Na misa, rito que segue ao da fracción e que consiste en tirar dentro do cáliz un bocado de pan xa consagrado.