conmoción
(< lat commōtiōne)
-
s
f
Acción e efecto de poñer en movemento ou axitar algunha cousa que estaba asentada.
Ex: Producíronse numerosas conmocións xeolóxicas en Triacastela.
-
s
f
Perturbación violenta do ánimo.
Ex: A noticia do accidente causou unha forte conmoción na súa casa. As súas declaracións causaron unha gran conmoción política.
-
s
f
[PAT]
Trastorno de orixe traumática das funcións celulares dun órgano, xeralmente con repercusións noutros órganos afastados ou pegados a el, sen lesión anatómica. A conmoción cerebral aparece nos traumatismos craniais e caracterízase por unha perda máis ou menos prolongada da consciencia, seguida dunha fase de excitación. Tamén se fala de conmoción torácica, laberíntica, medular e retinal, correspondentes a traumatismos do tórax, do órgano do oído, da medula espiñal ou do ollo.