Connery, Sean

Connery, Sean

Actor teatral e cinematográfico escocés. Conseguiu a fama grazas á interpretación do axente secreto James Bond. Entre outras películas, actuou en The Wind and the Lion (O vento e o león, 1975), Robin and Marian (Robin e Marian, 1976), The Name of the Rose (O nome da rosa, 1986), The Untouchables (Os Intocables, 1989) -Oscar ao mellor actor secundario-, Indiana Jones and the Last Crusade (Indiana Jones e a última cruzada, 1989), The Russia House (A casa rusia, 1990), Medicina Man (Home medicina, 1992), A Good Man in Africa (Un bo home en África, 1994), Just Cause (Causa xusta, 1995), First Knight (O primeiro cabaleiro, 1995), The Rock (A rocha, 1996), The Avengers (Os vingadores, 1998), Entrampment (A trampa, 1999) e Finding Forrester (Descubrindo a Forrester, 2001). No ano 2000 recibiu o título de sir de mans da Raíña Isabel de Inglaterra, malia a súa adhesión á causa independentista escocesa.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Edimburgo