Connolly, Cyril Vernon

Connolly, Cyril Vernon

Escritor e crítico literario inglés. Estudiou en Eton e Oxford, colaborou nas seccións literarias de Times e The Observer e, en 1939, fundou a revista literaria Horizon. Publicou a novela The Rock Pool (A charca da rocha, 1935) e numerosos ensaios, entre os que destacan Enemies of the Promise (Inimigos da promesa, 1938) e The Unquiet Grave (A sepultura inqueda, 1944).

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Coventry

  • Deceso

    Lugar : Londres