conservante

conservante

(

  1. adx

    Que conserva o bo estado de algo ou alguén, especialmente aplicado a unha substancia ou produto.

  2. s m [ALIM]

    Substancia que, engadida aos produtos alimenticios en pequenas proporcións, evita a alteración microbiana e elimina e impide o crecemento de microorganismos. O seu mecanismo de acción é bacteriostático ou bactericida. Dentro dos produtos químicos de síntese, son conservantes os ácidos benzoico, sórbico, p-clorobenzoico, os seus sales e outros. Os antibióticos tamén teñen aplicación neste campo: os máis empregados son a nisina, a nistatina, a pimaricina, a tilosina e os grupos das tetraciclinas. Os antioxidantes de uso alimentario pódense considerar como conservantes das graxas alimentarias, xa que evitan a actuación química por oxidación. Igualmente, o dióxido de xofre, á parte da súa acción antibacteriana, pódese considerar como un conservante químico xa que inhibe o escurecemento non enzimático. O sal, o azucre e algunhas especias tamén teñen efecto conservante, así como algunhas substancias que se impregnan nun alimento afumado.