consorcio
(< lat consortĭu)
-
s
m
Unión de persoas, sociedades ou outras entidades cun interese común.
Ex: As asociacións de veciños fixeron un consorcio para reivindicar mellores servicios.
-
s
m
[DER]
Forma xurídica de organización administrativa para a xestión dos convenios de colaboración entre dúas ou máis administracións públicas. É un ente autonómo que pode estar dotado de personalidade xurídica diferenciada. O seu réxime de funcionamento orgánico e financeiro determínase polos seus estatutos. Foi habitual para a colaboración das corporacións locais co Estado na xestión das contribucións territoriais rústicas, pecuarias e urbanas. Como entidade local recadadora perdeu importancia e substituíuse polos consellos territoriais da propiedade inmobiliaria e polas xerencias territoriais.
-
s
m
[ECON]
Asociación de empresas que manteñen a súa autonomía financeira e personalidade xurídica, para acadar un obxectivo económico, comercial, bancario ou para coordinar a prestación de servicios e bens públicos.
-
s
m
[BIOL]
Unidade morfolóxica e fisiolóxica constituída polo conxunto de organismos que compoñen unha simbiose. Tamén designa relacións de comensalismo e parasitismo.