consorte

consorte

(

  1. s

    Persoa que participa da mesma sorte que outra.

    1. s

      O marido e a muller un con respecto ao outro.

      Ex: Os consortes foron a xuízo pola custodia da filla.

      Sinónimos: cónxuxe.
    2. príncipe consorte/consorte real

      O marido da princesa ou da raíña cando estas son as titulares da coroa.

      Ex: O príncipe consorte realizou un importante papel no reino.

  2. s [DER]

    Os que conxuntamente son responsables dun delito.

  3. s [DER]

    Cada un dos que litigan xuntos formando unha soa parte no proceso.