conspiración
conspiración
(
-
s
f
Acción de conspirar.
Sinónimos: cábala, complot, confabulación, conxura, intriga, maquinación, trama. -
s
f
Conxura ou complot contra o Estado, un réxime político, un personaxe político ou un organismo de poder.
Ex: Reuníronse e decidiron organizar unha conspiración contra o réxime.
Sinónimos: cábala, confabulación, intriga, maquinación, trama. -
s
f
[DER]
Figura xurídica que consiste en que dúas ou máis persoas se concertan para a execución dun delito e resolven executalo. Nesta forma delitiva debe existir unha coincidencia no propósito delitivo e unha resolución conxunta en levalo a cabo, aínda que o acordo non sexa completo, nin se chegue á resolución colectiva necesaria para a consumación.