conspiración

conspiración

(

  1. s f

    Acción de conspirar.

    Sinónimos: cábala, complot, confabulación, conxura, intriga, maquinación, trama.
  2. s f

    Conxura ou complot contra o Estado, un réxime político, un personaxe político ou un organismo de poder.

    Ex: Reuníronse e decidiron organizar unha conspiración contra o réxime.

    Sinónimos: cábala, confabulación, intriga, maquinación, trama.
  3. s f [DER]

    Figura xurídica que consiste en que dúas ou máis persoas se concertan para a execución dun delito e resolven executalo. Nesta forma delitiva debe existir unha coincidencia no propósito delitivo e unha resolución conxunta en levalo a cabo, aínda que o acordo non sexa completo, nin se chegue á resolución colectiva necesaria para a consumación.

Palabras veciñas

consorte | conspicuidade | conspicuo -cua | conspiración | conspirador -ra | conspirar | Constable, Henry