Constable, John

Constable, John

Pintor inglés. Ingresou nas Royal Academy Schools en 1799, onde expuxo por primeira vez en 1802. Especializado na pintura de paisaxes, traballaba ao aire libre, tomaba apuntamentos ao óleo e despois pintaba no estudo o lenzo definitivo. A súa técnica influíu nos membros da escola de Barbizon e os impresionistas considerárono como o seu precursor. Cultivou tamén, en menor medida, a pintura relixiosa, o retrato e a acuarela. Entre as súas obras sobresae The hay-wain (O carro de feo, 1821), Medalla de Ouro do Salón de París de 1824. Da súa produción, destacan ademais The white horse (O cabalo branco, 1819), Dedham Vale (O val de Dedham, 1828), as series de estudios de paisaxes nubradas (1821-1822) e as diversas representacións da catedral de Salisbury (1823, 1829 e 1831).

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : East Bergholt, Suffolk

  • Deceso

    Lugar : Londres