constancia
constancia
(< lat constantĭa)
-
s
f
Calidade de constante.
Ex: Deberiamos estudar con constancia para aprobar todo o curso antes do verán.
Sinónimos: persistencia, pertinacia, perseveranza, tenacidade, firmeza. Antónimos: inconstancia. Confrontacións: tesón. -
s
f
Acción e efecto de facer constar algunha cousa.
Ex: Non existe constancia do acordo asinado o ano pasado.
-
constancia perceptiva
[PSIC]
Segundo a psicoloxía da forma, tendencia da percepción a non variar, malia as modificacións do obxecto.
-
lei de constancia da simetría
[FÍS]
Lei descuberta por N. Steno en 1669 e confirmada despois por Romé de l’Isle. Establece que o ángulo entre dúas caras dun obxecto cristalino é constante e non cambia cando este medra por achegas dunha nova substancia. Historicamente, foi o punto de partida da cristalografía moderna.
Refráns
- A peneda é dura e a auga é miuda mais, caín do caíndo, fai cavadura.
- A que fía cada día un ovo de galiña, non pedirá camisa á veciña.
- Algo alcanza aquel que non cansa.
- Andando, andando, vaise a lonxe / vaise chegando.
- Auga branda en pedra dura tanto dá, que fai cavadura.
- Auga mol en pedra dura, pouquichiño a pouco fura.
- Camiña vagariño e andarás moito camiño.
- Dos moitos poucos fanse os poucos moitos.
- Non hai pan sen afán.
- O que non cae á maza, cae á espadela.
- Pouco a pouco vaise a lonxe.
- Pouquiño a pouco chégase a todo.