Constantí

Constantí

Municipio da provincia de Tarragona, Catalunya, situado na marxe dereita do río Francolí (5.154 h [1996]). A base da súa economía é a industria, principalmente a elaboración de pensos e a petroquímica, concentrada no polígono de Constantí. Na agricultura destacan os cultivos de árbores froiteiras, viña e produtos de horta. Neste municipio está o mausoleo de Centcelles. A igrexa parroquial de Sant Feliu é do s XVIII.