Constantina
Constantina
Capital do wilāya homónimo, Alxeria (440.842 h [1987]. É o centro comercial e industrial (pel e la) dunha importante rexión agrícola (cereais). Identificada coa Sarim Batim dos cartaxineses, foi a residencia dos reis númidas ata que a conquistaron os romanos no 44 a C, polo que recibiu o título de Colonia Sittianorum. Arrasada por Maxencio durante as guerras civís (311), Constantino I o Grande reconstruíuna no 313, pero sufriu a invasión dos vándalos. Pasou a mans dos árabes no s VII (710) e acadou unha grande importancia comercial durante a Idade Media. Conquistada polos turcos no s XVI, pasou ao dominio francés no 1837.