Consuegra

Consuegra

Municipio da provincia de Toledo, Castela-A Mancha, situado nos contrafortes occidentais dos montes de Toledo e drenado polo río Amarguillo (10.113 h [1996]). A súa economía baséase na agricultura (azafrán, oliveiras e cereais) e na gandería. As principais industrias son as téxtiles e as de fabricación de mobles e cerámica. Antigo asentamento carpetano, recibiu o nome de Consaburum durante a época romana. Tralos dominios visigodo e musulmán, pertenceu á coroa de Castela. En 1183 foi cedida á orde de San Xoán de Xerusalén e converteuse na sede do Gran Priorado de Castela e León. Do seu patrimonio cultural destacan os muíños de vento conservados na parte alta da cidade, o castelo (s XII), a casa do concello (s XVII) e os Corredores, sede do Museo Municipal (s XVII).