Contenau, Georges

Contenau, Georges

Arqueólogo francés. Conservador xefe das antigüidades orientais do Musée du Louvre (1928), participou en campañas arqueolóxicas en Sūsah e Ṣ aydā (Sidón). Director da Encyclopédie d’archéologie orientale (Enciclopedia de arqueoloxía oriental, 1914-1957), foi autor, entre outras obras, de La civilisation assyro-babylonienne (A civilización asirio-babilónica, 1922), La civilisation phénicienne (A civilización fenicia, 1926) e Manuel d’archéologie orientale (Manual de arqueoloxía oriental, 1914-1957).

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Laon

  • Deceso

    Lugar : París