contestano -na

contestano -na

(< topónimo prerromano Contestania)

  1. adx

    Relativo ou pertencente aos contestanos.

  2. s [ETN/HIST]

    Individuo do pobo prerromano peninsular dos contestanos.

  3. s m [ETN/HIST]

    Pobo da Hispania prerromana, probablemente ibero, que na época da conquista romana (fin do s III a C), ocupaba gran parte da actual provincia de Alacant e rexións das provincias de Murcia, Albacete e València.

Palabras veciñas

contestable | contestación | contestador -ra | contestano -na | contestar | contestatario -ria | conteste