contestación

contestación

(

  1. s f
    1. Acción de contestar.

      Ex: Esperei tres días a súa contestación. O que nos dixo non ten contestación.

      Sinónimos: resposta.
    2. Aquilo que se contesta ou os termos cos que se contesta.

      Ex: A súa contestación denotou unha enorme insensibilidade.

      Sinónimos: resposta.
    3. Resposta, ás veces violenta, que dá unha persoa que está en desacordo con algo.

      Ex: Deulle unha contestación que o deixou sen palabras.

    4. Manifestación de rexeitamento contra algunha cousa.

      Ex: O seu liderado non ten contestación.

      Sinónimos: réplica.
  2. [DER]
    1. s f

      Acto de comparecer nun xuízo para responder as demandas da outra parte.

    2. contestación á demanda

      Acto procesal no que a parte demandada, dentro do prazo establecido, contesta á acción do demandante, aceptando ou rexeitando os alegatos de feito ou dereito contidos na demanda. No tocante á forma que debe revestir, a lei equipáraa á da demanda.

  3. s f [SOCIOL]

    Actitude de enfrontamento coas estruturas e as ideoloxías dominantes nunha sociedade.

Palabras veciñas

contera* | conterráneo -a | contestable | contestación | contestador -ra | contestano -na | contestar