resposta

resposta

(

  1. s f Antónimos: pregunta.
    1. Acción de responder.

      Antónimos: pregunta.
    2. Cousa que se di para responder.

      Ex: Deulle unha resposta acertada.

  2. s f [BIOL]

    Reacción dun ser vivo a un estímulo.

  3. s f [MÚS]

    Imitación do suxeito ou antecedente sobre outro grao da escala na fuga. Esta resposta non pode ser nunca un canon, posto que as funcións tonais da fuga están invertidas, pero non cambiadas. A tónica do suxeito é a dominante da resposta, e ao revés.

  4. s f [FÍS]

    Expresión cuantitativa da saída dun sistema, aparato, dispositivo, circuíto, etc, en función da entrada ou excitación aplicada.

  5. resposta frecuencial [TECNOL/FÍS]

    Estudo e representación da dependencia frecuencial da amplificación respecto da amplificación e o desfase nun sistema lineal e estable. Caracteriza a selectividade do sistema respecto da frecuencia. As expresións gráficas máis utilizadas son as curvas de amplificación e desfase ante a frecuencia; os diagramas de Bode, amplificación e desfase ante a frecuencia (escala logarítmica) e o diagrama de Nyquist, representación polar da amplificación e o desfase.

  6. resposta temporal [AUTOM/FÍS]

    Descrición temporal da resposta que é consecuencia da aplicación dunha causa interna, caracterizada pola enerxía almacenada nas condicións iniciais. A resposta forzada é a que corresponde a unhas condicións iniciais nulas e a resposta libre é a resposta a unha excitación nula; nos sistemas lineais, a resposta no caso xeral é igual á suma da libre e da forzada. Nos sistemas estables esta parte tende a cero e, por iso, denomínase resposta transitoria, sendo o resto a resposta permanente. É de interese a resposta permanente sinusoidal. A resposta indicial é a resposta ao sinal con condicións iniciais nulas.

Refráns

  • A bo preguntón, bo respondón.
  • Calquera palabra non ten resposta boa nin mala.
  • Non toda palabra quere resposta.

Palabras veciñas

responso | responsorial | responsorio | resposta | resta | restabelecemento | restabelecer