pregunta

pregunta

(< preguntar)

  1. s f

    Acción de preguntar.

    Sinónimos: interrogación.
  2. s f

    Palabras con que se pregunta.

    Sinónimos: cuestión, interrogante, cuestión.

Refráns

  • A mal preguntador, bo respondedor.
  • A mal preguntador, mal respondedor.
  • Cal pregunta fagas, tal resposta agarda.
  • Máis fácil é ao burro preguntar, que ao sabio responder.
  • Preguntando vaise a Roma.
  • Quen pregunta, non erra.
  • Quen ten boca, chega a Roma.
  • Quen ten lingua vai a Roma.
  • Tal pregunta fas, tal resposta terás.
  • ¡Védesme cal veño e preguntádesme que teño!
  • ¡Védesme como veño e preguntádesme que teño!