cuestión

cuestión

(< lat quaestĭōne)

  1. Conxunto de acontecementos políticos de mediados do s XIX que culminaron coa ocupación e supresión dos Estados Pontificios por Víctor Manuel II de Italia (1870). A Revolución de 1848 proclamou a República Romana (1849); sen embargo, restaurado o poder papal, Pío IX adoptou unha política reaccionaria, hostil á posibilidade de que a unificación italiana se producise baixo a Coroa de Savoia; isto fíxoo depender da protección de Napoleón III de Francia. O problema agravouse coa proclamación do Reino de Italia (1861). Ao retirarse as tropas francesas e caer Napoleón III (1870), os italianos tomaron Roma. Non obstante, ningún papa aceptou os feitos ata 1929, cando se asinaron os Pactos de Letrán.

  2. s f
    1. Asunto que presenta un problema ou unha dificultade que hai que resolver.

      Ex: O presidente da comunidade formulou a cuestión de cómo arranxar as tuberías atuídas. Propuxéronse varias cuestións para debater no Congreso.

    2. Elemento puntual do que hai que ocuparse.

      Ex: A cuestión dos investimentos públicos compételle ó Estado.

  3. s f
    1. Pregunta que hai que contestar nun cuestionario.

      Ex: O exame de matemáticas constaba de vinte cuestións. Deixei algunhas cuestións da enquisa baleiras.

    2. Interpelación a un suxeito coa intención de opter algunha resposta.

      Ex: Formuláronlle unha serie de cuestións á testemuña para averiguar a verdade sobre o asasinato.

  4. s f

    Disputa entre dúas ou máis persoas.

    Ex: Mantivo unha cuestión co veciño e desde aquela non lle fala.

  5. s f [FILOS/RELIX]

    Cada unha das exposicións, orais ou escritas, que integran un curso ou as diversas partes dun tratado sistemático da escolástica, como a Summa theologica de san Tomé de Aquino. Simple ampliación, inicialmente, da lección (lectio), ou lectura glosada dun texto, e establecida posteriormente como xénero independente (quaestio), a cuestión quedaba determinada, na súa modalidade oral, como resultado das disputas previas (disputatio). Denominouse tamén estado da cuestión (status quaestionis) na escolástica posterior. Derivación desta foron a cuestión disputada (quaestio disputata) e a cuestión cuodlibetal ou cuodlibeto.

  6. cuestión de competencia [DER]

    Cuestión de competencia.

  7. cuestión de confianza [POLÍT]

    Cuestión de confianza.

  8. cuestión de gabinete [POLÍT]

    Problema político que afecta á continuidade dun ministerio.

  9. cuestión previa
    1. [DER]

      Asunto que debe resolverse con anterioridade á cuestión principal no proceso penal e que impide a pronunciación dunha decisión ou resolución.

    2. [POLÍT]

      Moción presentada por algún parlamentario que afecta a cuestións de forma ou de procedemento e que ten por obxectivo obstaculizar ou impedir a votación dunha proposición ou proxecto de lei inscritos na orde do día.

  10. cuestión prexudicial [DER]

    Punto de aclaración que se propón e que debe ser resolto antes da celebración do xuízo, sexa da vía xurisdicional civil ou penal. O coñecemento desta cuestión pode corresponder a unha orde xurisdicional distinta da que celebra o xuízo.

Frases feitas

  • En cuestión. Indica a persoa ou cousa das que se trata. Ex: A persoa en cuestión ocupou o cargo de director comercial.

  • Ser algo cuestión de. Ser imprescindible unha cousa para a realización doutra. Ex: Que maduren as cereixas é cuestión de tempo.