cuestión
(< latquaestĭōne)
-
s
f
-
Asunto que presenta un problema ou unha dificultade que hai que resolver.
Ex: O presidente da comunidade formulou a cuestión de cómo arranxar as tuberías atuídas. Propuxéronse varias cuestións para debater no Congreso.
-
Elemento puntual do que hai que ocuparse.
Ex: A cuestión dos investimentos públicos compételle ó Estado.
-
-
s
f
-
Pregunta que hai que contestar nun cuestionario.
Ex: O exame de matemáticas constaba de vinte cuestións. Deixei algunhas cuestións da enquisa baleiras.
-
Interpelación a un suxeito coa intención de opter algunha resposta.
Ex: Formuláronlle unha serie de cuestións á testemuña para averiguar a verdade sobre o asasinato.
-
-
s
f
Disputa entre dúas ou máis persoas.
Ex: Mantivo unha cuestión co veciño e desde aquela non lle fala.
-
s
f
[FILOS/RELIX]
Cada unha das exposicións, orais ou escritas, que integran un curso ou as diversas partes dun tratado sistemático da escolástica, como a Summa theologica de san Tomé de Aquino. Simple ampliación, inicialmente, da lección (lectio), ou lectura glosada dun texto, e establecida posteriormente como xénero independente (quaestio), a cuestión quedaba determinada, na súa modalidade oral, como resultado das disputas previas (disputatio). Denominouse tamén estado da cuestión (status quaestionis) na escolástica posterior. Derivación desta foron a cuestión disputada (quaestio disputata) e a cuestión cuodlibetal ou cuodlibeto.
-
[DER]
Cuestión de competencia.
-
[POLÍT]
Cuestión de confianza.
-
[POLÍT]
Problema político que afecta á continuidade dun ministerio.
-
-
[DER]
Asunto que debe resolverse con anterioridade á cuestión principal no proceso penal e que impide a pronunciación dunha decisión ou resolución.
-
[POLÍT]
Moción presentada por algún parlamentario que afecta a cuestións de forma ou de procedemento e que ten por obxectivo obstaculizar ou impedir a votación dunha proposición ou proxecto de lei inscritos na orde do día.
-
[DER]
-
[DER]
Punto de aclaración que se propón e que debe ser resolto antes da celebración do xuízo, sexa da vía xurisdicional civil ou penal. O coñecemento desta cuestión pode corresponder a unha orde xurisdicional distinta da que celebra o xuízo.
Frases feitas
-
En cuestión. Indica a persoa ou cousa das que se trata. Ex: A persoa en cuestión ocupou o cargo de director comercial.
-
Ser algo cuestión de. Ser imprescindible unha cousa para a realización doutra. Ex: Que maduren as cereixas é cuestión de tempo.